Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bieito XVI peregrinou a Compostela en 2010

Bieito XVI peregrinou a Compostela en 2010

G24.gal 28/12/2022 17:09 Última actualización 31/12/2022 11:00

Como peregrino e como home de fe, chegou Bieito XVI a Compostela. Era o 6 de novembro do ano 2010, un ano Xacobeo coma este que remata.

Ao pé da escaleira do avión, os daquela príncipes e hoxe reis. E, de fondo, os cánticos dos fieis agradecendo a visita ao segundo Papa que pisaba Compostela.

O pontífice devolveu canto afecto recibiu, no seu percorrido ata o Obradoiro.  Saúdo en galego, e ofreceu a homilía en castelán.

De xeonllos, rezou ante a tumba do Apóstolo, bicou a figura de Santiago e mostrouse marabillado co movemento acompasado do botafumeiro. 

Foi unha visita que soubo a pouco, sen sequera facer noite, pero histórica, porque dende hai doce anos Compostela espera cos brazos abertos a chegada doutro pontífice. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade