Publicador de contidos
Publicador de contidos

O papa Francisco creou 21 novos cardeais, entre eles tres españois

O papa Francisco creou 21 novos cardeais, entre eles tres españois

Entre eles están o arcebispo de Madrid, o reitor maior dos Salesianos e o bispo de Ajaccio (Córsega) 

O papa, na súa alocución, fíxolles un chamamento a ser unha "orquestra sinfónica e sinodal"

G24.gal 30/09/2023 15:01 Última actualización 30/09/2023 17:29

O papa Francisco creou 21 novos cardeais da Igrexa. Foi durante un Consistorio Ordinario Público que se celebrou este sábado na basílica de San Pedro, no Vaticano.

Entre eles hai tres españois: o arcebispo de Madrid, José Cobo, o reitor maior dos Salesianos, Ángel Fernández Artime, e o bispo de Ajaccio (Córsega) Francisco Javier Bustillo. O Papa na súa alocución fíxolles un chamamento a ser unha "orquestra sinfónica e sinodal".

Destacou que a "diversidade é indispensable" pero que cada "son debe contribuír ao proxecto común". Tras a alocución, o pontífice impúxolles a barrete cardenalicia, consagrou o anel e asignou aos novos cardeias o seu título.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade