Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os concellos da raia temen a repercusión do control fronteirizo pola visita do papa

Os concellos da raia temen a repercusión do control fronteirizo pola visita do papa

Reclaman que se manteñan abertos o maior número posible de pasos transfronteirizos entre Galicia e Portugal

O norte de Portugal apela a medidas de seguridade, pero sen barreiras 

G24.gal 12/05/2023 14:34 Última actualización 12/05/2023 14:59

Os pasos de Tui e Valença rexistran o cincuenta por cento de todo o tráfico da fronteira entre España e Portugal. Aquí preocupa, e moito, a repercusión das medidas excepcionais de seguridade durante a visita do papa.

Queren evitar o escenario da anterior visita do pontífice hai seis anos, que afectou a máis de 20.000 galegos, ou as restricións en plena pandemia con longas ringleiras de vehículos. Reclaman que se manteñan abertos o maior número de pasos posible.

Temen a repercusión entre os veciños, os traballadores que acotío cruzan a fronteira e dos turistas coincidindo coa época de maior afluencia do ano. O norte de Portugal apela a medidas de seguridade pero sen barreiras. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade