De La Puente queda ás portas da final de dobres e buscará a individual en Wimbledon
De La Puente queda ás portas da final de dobres e buscará a individual en Wimbledon
Perdeu contra a parella formada por Hewett e Reid por 7-5 e 6-3
Martín de la Puente quedou ás portas da primeira final a que aspiraba. Na proba de dobres do torneo adaptado de Wimbledon perdeu na semifinal. A parella que formou co arxentino Gustavo Fernández puxo en moitos problemas os números un do mundo, a parella británica formada por Hewett e Reid.
No primeiro set ían perdendo por 4-1, pero reaccionaron e conseguiron empatar (5-5). Ao final os británicos levaron o set por 7-5. No segundo colleron vantaxe ao comezo pero a fortaleza dos rivais fixo que acabasen levando o triunfo por 6-3.
Precisamente Hewett será o rival de De La Puente nas semifinais do cadro individual. Un rival moi duro ante o que buscará facer historia para o tenis galego.