Martín de la Puente: "O bronce non é só bo para min senón para o deporte paralímpico"
Martín de la Puente: "O bronce non é só bo para min senón para o deporte paralímpico"
Quédalle un soño máis que cumprirá este domingo, facendo o saque de honra en Balaídos
Hai momentos na vida nos que a realidade supera os propios soños.
"Coa medalla lembro os incios, adestramentos no club, a xente que me animou para intentalo"
"Tamén cando fun a Barcelona. Sabía que podía facer algo bonito, pero non pensei chegar a isto"
Martín e o seu compañeiro Daniel lograron en París a primeira medalla para o tenis paralímpico español nuns Xogos
"Emocióname pensar que co tenis puidemos chegar a tanta xente"
"Non é só bo para min senón para o deporte paralímpico, para o tenis en cadeira de rodas. Poder axudar a outros, animar a outros é o mellor que me pasou"
Un bronce paralímpico que puxo o ramo a un ano grandioso: número 3 do mundo, campión do US Open, subcampión en Wimbledon.
Quédalle un soño máis que cumprirá este domingo, facendo o saque de honra en Balaídos.