Martín de la Puente cae en semis e loitará polo bronce
Martín de la Puente cae en semis e loitará polo bronce
O tenista galego perdeu contra o británico Alfie Hewett, actual número un do mundo
O partido foi moi duro e o resultado foi de 2-6 e 0-6 para o do Reino Unido
Non está todo perdido. Martín de la Puente perdeu en semifinais ante o británico Alfie Hewett (2-6 e 0-6) e xogará o partido pola medalla de bronce. O tenista galego non puido co inglés, que foi o dono do partido e amosou moita superioridade.
Malia a que Martín quixo plantar cara e dar guerra no primeiro set, Hewett, número un do mundo, controlou o partido de principio a fin e non deu opción algunha. Aínda así, o galego pode saír de París con dous bronces se gana os dous partidos que faltan, un en individual e outro en dobres.
De la Puente xa agarda rival na final polo bronce, na que tentará rematar os Xogos Paralímpicos da mellor maneira posible. Despois dun partido moi duro contra o mellor de todos, os dous dous bronces xa están na mente do galego.