O vigués Martín de la Puente métese nas semifinais do torneo adaptado de Wimbledon
O vigués Martín de la Puente métese nas semifinais do torneo adaptado de Wimbledon
Gañoulle a Spaargaren en dous sets e enfrontarase a un dos favoritos, Hewett
O tenista en cadeira de rodas vigués Martín de la Puente continúa firme no seu propósito de xogar unha final dun torneo do Grand Slam. Quedou ás portas en Roland Garros e agora busca o éxito en Wimbledon.
Derrotou en dous sets ao neerlandés Spaargaren (6-3, 6-2) nos cuartos de final e xogará a semifinal ante Hewett, referente local e gañador de sete Grand Slams. Ademais Hewett ten especial ilusión neste torneo de Wimbledon porque se impuxo tres veces en París, tres no US Open e este ano gañou o Australian Open pero nunca gañou na súa casa.
Fronte a Hewett estará un De La Puente que vive o seu mellor ano como profesional do tenis. Xa é o número cinco do mundo e agarda seguir avanzando.