Decembro cobre Europa de neve

As nevaradas dificultan as comunicacións aéreas e terrestres no continente

Na República Checa a neve acumulada supera os 75 centímetros

G24.gal 04/12/2023 12:05

O mes de decembro comezou con frío e neve na maior parte de Europa, o cal está a dificultar a circulación aérea e terrestre.

As primeiras nevaradas cubriron a capital checa, Praga, e orixina cortes de tráfico e problemas no aeroporto. No sur do país centroeuropeo a neve acumulada superou os 75 centímetros.

Por segundo día consecutivo, o aeroporto de Múnic, en Alemaña, está paralizado e provoca a cancelación das 40 conexións con España. Tamén se suspenderon máis de 60 voos en Moscova, que vive a maior nevarada en 145 anos, cunha cota de neve de 40 centímetros nalgúns barrios. E na rexión rusa de Siberia agardan temperaturas de 50 graos baixo cero.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade