Cargando resultados...
Décimo día de protestas contra a amnistía diante da sede do PSOE en Madrid
Décimo día de protestas contra a amnistía diante da sede do PSOE en Madrid
Segundo datos da policía, participaron unhas 1.300 persoas
Manifestantes diante da sede socialista en Ferraz. EFE/Rodrigo Jiménez
G24.gal
12/11/2023 20:35
Última actualización 12/11/2023 22:25
Décimo día consecutivo de protesta contra a amnistía e a investidura de Pedro Sánchez diante da sede do PSOE en Madrid. Segundo a Delegación do Goberno, participaron unhas 1.200 persoas.
A concentración deste domingo comezou pasada a unha da tarde. Despois do acto convocado polo PP na Porta do Sol, varios miles de persoas que participaron na manifestación dirixíronse á rúa Ferraz, animadas polo líder de Vox Santiago Abascal.
A protesta do sábado concluíu con, polo menos, trece persoas detidas e seis feridas de carácter leve. A Policía comezou a cargar despois de que algúns asistentes encapuchados derrubasen o valo policial e lanzasen obxectos contra os axentes.