Decretada situación 2 en Oímbra por proximidade do lume a núcleos habitados
Decretada situación 2 en Oímbra por proximidade do lume a núcleos habitados
Medio Rural decretou como medida preventiva a situación 2 no incendio forestal activo en Oímbra (Ourense), no lugar de Rabal, pola proximidade do lume ao núcleo habitado de Feces de Cima, no veciño municipio de Verín.
Este lume, informa un comunicado, entrou por Portugal ás 15.23 do luns e permanece activo. Para o seu control mobilizáronse ata o momento dous técnicos, sete axentes, 19 brigadas, 16 motobombas, 5 avións e dous helicópteros.
A situación 2 tamén permanece en Carballeda, parroquia de Riodolas, ao reactivarse as chamas por un cambio de vento. Neste caso é pola proximidade ao lugar de Candeda.
Na provincia de Lugo, en Folgoso, seguen decretadas as situacións 2 en senllos incendios rexistrados en Vilamor e Seceda.
Tamén continúa activa esta medida na Pobra do Brollón, no lugar de Saa