Defensa eliminará os límites de estatura para acceder ás Forzas Armadas
Defensa eliminará os límites de estatura para acceder ás Forzas Armadas
Manterá as limitacións nos destinos en que a estatura "constitúa un requisito esencial e determinante"
O Ministerio de Defensa iniciou os trámites para modificar a orde que regula os requisitos para acceder ás Forzas Armadas e, con carácter xeral, eliminará os límites de estatura, aínda que se seguirán esixindo para destinos en determinadas unidades.
Segundo informa este xoves nun comunicado o ministerio que dirixe Margarita Robles, prevese que esta modificación sexa de aplicación nas próximas convocatorias e procesos selectivos de 2023. Tamén se eliminarán eses límites para o acceso á escala de oficiais do corpo da Garda Civil.
O cambio esixe reformar a orde de 2019, que fixa como límites de estatura 155 centímetros para mulleres e 160 para homes. Tampouco pode acceder quen supere os 203 centímetros.
Defensa precisa que non haberá límite para acceder aos corpos e escalas das Forzas Armadas, pero que se manterán, para homes e mulleres, para ocupar destinos en unidades en que a estatura "constitúa un requisito esencial e determinante".
O obxectivo que se persegue, destaca, é "seguir avanzando na igualdade de oportunidades e facilitar a atracción e captación de talento nas Forzas Armadas".