Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deixan armamento entre residuos para reciclar nun punto limpo de Cambre

Deixan armamento entre residuos para reciclar nun punto limpo de Cambre

Os portadores da bolsa deixaron nunha unha granada e unha caixa de cartuchos de pistola

Victor Núñez, encargado do punto limpo, sinala o lugar onde deixaron a bolsa co armamento
G24.gal 03/07/2024 14:04

A vivencia que tivo Víctor o último xoves de xuño rachou con vinte anos de rutina de traballo á fronte do punto limpo como encargado de mantemente no polígono Espírito Santo, en Cambre. Sucede cando estaba a rematar a xornada.

"Veume unha paisana duns 45 anos e un paisano duns 80 anos e pedíronme se lles podía recoller tres bolsas de lixo. Díxenlles que mas deixarán alí, que xa me encargaba eu (da clasificación dos materiais). O cartón foi para o cartón e o plástico ao seu lugar. E no fondo había unha granada e unha caixa de munición, creo que eran 40 cartuchos en total. Sorprendeume", di Víctor Nuñez, encargado do punto limpo.

Comunicou o feito á Policía Local e de inmediato chegaron especialistas en desactivación de explosivos. Acabaríase confirmando que a granada estaba desactivada. A Garda Civil tamén retirou os cartuchos.

"Pedíronme que recuperase todo o que había nas bolsas onde estaban os proxectís e a granada. Recupereino, fixeron fotos, pero unha vez que se largaron a min non me comunicaron nada".

Despois da sorpresa Víctor incide no obvio: o punto limpo non é un caixón de xastre dos residuos:

"Se meu pai deixa de estar activo na Garda Civil, o seu armamento entregaríao nun cuartel, non nun punto limpo.
-Unha granada non é obxecto como para ter na casa, non?
-Hai xente para todo. Hai xente para todo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade