A policía realiza once actas por denuncias de droga e armas nun control de ocio nocturno na Coruña
No control indentificáronse máis de 100 persoas nas zonas do Orzán, do Ventorrillo e das Conchiñas
A Policía Local expediu cinco actas por infraccións relativas á normativa municipal nestes locais

A Policía Nacional realizou oito actas de denuncia por tenza de substancias estupefacientes e outras tres por tenza de armas prohibidas na vía pública durante un control de lecer nocturno na Coruña.
O 091 informou este luns de que, en colaboración coa Policía Local, na noite do 22 ao 23 de marzo realizouse un dispositivo de prevención sobre algúns locais de lecer nocturno nas zonas do Orzán, do Ventorrillo e das Conchiñas.
Estes establecementos, apunta o 091, adoitan ser orixe de numerosos conflitos como pelexas e comportamentos incívicos e rexistran incumprimentos da normativa municipal en canto a ocupación e horarios.
Os axentes comprobaron as licenzas dos locais, medidas de seguridade e todo o que administrativamente estes locais están obrigados a cumprir.
Neste control foron identificadas máis de 100 persoas, e a Policía Nacional procedeu a realizar oito actas de tenencia de substancias estupefacientes e tres actas de tenencia de armas prohibidas en vía pública.
A Policía Local expediu cinco actas por infraccións relativas á normativa municipal nos locais rexistrados.