Xa é posible divorciarse a través de videochamada en Portugal
Xa é posible divorciarse a través de videochamada en Portugal
A documentación que teñen que presentar as partes será a mesma
A avogacía portuguesa aplaude a medida e considera que axilizará os prazos
Dende hoxe é posible divorciarse en Portugal a través de videochamada. Iso si, para levalo a cabo teñen que estar de acordo as partes. Despois do acordo para executalo dese xeito teñen que solicitalo ao departamento de xustiza para que organicen a cita e formalizar o divorcio en liña, evitando ter que presentarse fisicamente nun xulgado.
Esta opción facilita as cousas se, por exemplo, as partes non viven na mesma localidade ou lles supón algún tipo de incomodidade ter que verse en persoa.
Esta medida foi impulsada no peor da pandemia para tamén evitar xuntanzas, pero a aplicación que comeza hoxe chega tarde e as vantaxes xa só as relacionadas coa comodidade de non acudir a un xulgado.