Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os parques e xardíns de Santiago pechan para evitar riscos debido ao temporal

Os parques e xardíns de Santiago pechan para evitar riscos debido ao temporal

Irene arrincou un balcón de vidro dun edificio de Santiago

Agárdanse máis de 40 litros por metro cadrados en 12 horas
 

Aviso amarelo por precipitacións e fortes refachos de vento
G24.gal 17/01/2024 14:53

De refachos de vento e de choivas intensas non se libra hoxe ninguén. No interior da provincia da Coruña está activado un aviso amarelo por fortes precipitacións. Está previsto que caian máis de 40 litros por metro cadrado en 12 horas. En Santiago ao mediodía xa se superaban os 30. As choivas e o vento foron moi intensos tamén durante toda a noite.

Os servizos de emerxencia tiveron que asistir a varias incidencias durante a noite. A máis grave sucedeu na rúa Barcelona ao desprenderse unha das estruturas de vidro dun balcón que se precipitou á rúa. A fortuna fixo que a esa hora, arredor das once da noite, non pasara ningún coche nin peón. Durante toda a mañá estiveron revisando e reforzando as suxeicións para evitar novos desprendementos.

Un dos carrís da avenida continúa pechado mentres nos se retiren os cascallos e por razóns de seguridade. Tamén por seguridade se tomou a decisión de pechar ao tránsito a Alameda de Santiago e o acceso aos parques e xardíns da cidade.

Hoxe mellor nin abrir os paraugas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade