Unha traballadora denuncia o alcalde de Láncara por acoso
Unha traballadora denuncia o alcalde de Láncara por acoso
A denunciante é unha empregada da empresa do servizo de axuda no fogar
Dario Piñeiro nega coñecela e di que só tratou de descubrir se seguía traballando
No concello lugués de Láncara, unha traballadora do servizo de axuda no fogar denunciou o alcalde da vila por un presunto delito de acoso. O rexedor, que nega a situación, manifestouse a través dun comunicado.
A muller sinalou que se sentía perseguida polo alcalde e por outros empregados municipais dende que colleu a baixa na empresa que presta o servizo de axuda no fogar, polo que acudiu á Garda Civil presentar denuncia por un presunto caso de acoso.
Un dos episodios relatados na denuncia tivo lugar no colexio da vila, onde a muller di colaborar co comedor.
Pola súa banda, o alcalde, Darío Piñeiro, sinala que si acudiu a ese centro, ao que se dirixiu ao director e que o fixo só para descubrir se a muller estando de baixa no outro servizo estaba traballando alí.
Di que o fixo como máximo responsable do Concello e co obxectivo de velar polo cumprimento dun contrato que se sufraga con fondos públicos, e sinala ademais que non coñece esa persoa.