Denuncian a deterioración no centro de Arzúa polo paso de tráfico pesado
Denuncian a deterioración no centro de Arzúa polo paso de tráfico pesado
Máis de 20.000 vehículos pasan cada día polo centro da vila
Aseguran que as vibracións provocaron fendas nalgúns edificios
O tráfico no centro de Arzúa incrementouse de maneira notable dende a apertura da autovía Santiago-Lugo. O tramo que rodea a vila aínda non está rematado e os vehículos teñen que desviarse pola N-547, a estrada que atravesa o núcleo urbano.
O presidente da Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa (AECA), Diego Valiño, indica que "agora están pasando, cada día máis de 20.000 coches" e denuncia que o paso do tráfico pesado "está facendo sufrir os veciños".
As fochancas son o problema máis visible, pero non o único. As vibracións provocadas polo paso de camións supoñen unha molestia para a veciñanza e xa apareceron fendas nos muros dalgúns edificios. Ademais, a grava acumulada á beira da calzada adoita saltar aos coches aparcados, ás fiestras das casas e ás terrazas da hostalería.
Os empresarios xa presentaron unha reclamación ante a demarcación de Estradas. Piden unha renovación integral e urxente do pavimento da travesía.