Publicador de contidos
Publicador de contidos

Denuncian roubos continuos nunha farmacia de Ferrol

Denuncian roubos continuos nunha farmacia de Ferrol

A sensación de impotencia e inseguridade está a afectar este e outros negocios da zona

G24.gal 09/02/2022 13:17

Os roubos continuos nunha farmacia e noutros negocios da contorna teñen moi preocupados a veciños e comerciantes da estrada de Castela entre Ferrol e Narón. A situación, segundo relatan dende a botica, no seu caso, empeorou dende que comezou a pandemia.

"Sufrimos sempre roubos, é moi fácil, pero agora na pandemia rouban entre dous ou tres veces por semana, estudan a situación, entran cando hai moita xente e marchan correndo", relata Isabel Campo, a titular de IC Farmacia.

A continuidade coa que están a sufrir estes asaltos aféctalles xa tanto que a sensación, din, é de desesperación e impotencia. Piden máis vixilancia policial na zona e actuacións máis severas contra os ladróns reincidentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade