Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen catro persoas por presuntamente roubar en vivendas de Ourense, Lugo e Pontevedra

Deteñen catro persoas por presuntamente roubar en vivendas de Ourense, Lugo e Pontevedra

A Garda Civil desartella un Grupo Organizado Criminal dedicado a roubar presuntamente cartos e xoias en 13 casas

O valor do subtraído calculan que ascende a 60.000 euros

Dúas persoas entraban forzando a porta mentres outras dúas vixiaban fóra disimulando cunha barra de pan

G24.gal 23/12/2024 14:21

A Garda Civil desartella unha banda que presuntamente se dedicaba a roubar en vivendas de Galicia cando os seus inquilinos non estaban. Forzaban as pechaduras e dous buscaban cartos e xoias mentres outros dous quedaban fóra vixiando, disimulando cunha barra de pan debaixo do brazo. Calculan que o roubado supera os 60.000 euros. Os catro detidos xa están en prisión.

Son tres homes e unha muller naturais de Colombia que viven en Barcelona. Seguíanlles a pista tres meses atrás; calculan que o valor de todo o roubado supera os 60.000 euros. Con estas ferramentas forzaban as portas. Facíano polo día e asegurándose sempre de que non había ninguén dentro.

En Vigo quedaron nunha vivenda turística, dende onde entraron en casas de Lalín, O Carballiño, Cangas e Ourense. No rexistro neste aloxamento e en Barcelona atoparon cartos, móbiles e xoias que foron entregadas aos seus donos.

Os catro detidos xa están no cárcere. A investigación segue aberta e non desbotan máis arrestos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar