Publicador de contidos
Publicador de contidos

A sétima vitoria seguida permítelle ao Deportivo coller o primeiro posto

A sétima vitoria seguida permítelle ao Deportivo coller o primeiro posto

Lucas, Mella, Davo e Hugo Rama marcaron os goles diante dun Lugo en que anotou Ledesma (4-1)

Foron expulsados Idiakez e Alberto López

G24.gal 03/03/2024 20:32 Última actualización 03/03/2024 21:00

O Deportivo sumou a sétima vitoria consecutiva e conseguiu chegar ao primeiro posto da 1ª RFEF grazas ao triunfo diante do Lugo no derbi (4-1). 

Comezou moi ben no partido o Lugo, cunha presión alta que sorprendeu o Deportivo. Antoñín e Mario da Costa avisaron con dous achegamentos con moito perigo. O Deportivo estaba revolucionado e iso quedou de manifesto na expulsión dun Idiakez fóra de si co colexiado. 

Adiantouse o conxunto deportivista logo dun claro penalti de Morgado a Villares que transformou Lucas Pérez. O Deportivo acougou e ao volver do vestiario marcou o segundo gol nunha contra levada por Lucas e culminada polo veloz Mella. 

Estaba contra as cordas o Lugo pero reaccionou co gol de Ledesma xusto despois dun remate ao pau de Lucas. Quedaba partido pero os de Trashorras tiveron un contratempo importante coa expulsión de Alberto López no minuto 67. 

O Deportivo gozou de moitas ocasións para sentenciar pero non estiveron atinados diante da portería de Lucas Díaz. Os goles chegaron na parte final, co Lugo entregado e con Lucas Pérez en plan asistente servíndolle os goles a Davo e Hugo Rama.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade