Publicador de contidos
Publicador de contidos

Preparativos para a Noitevella nos balnearios

Preparativos para a Noitevella nos balnearios

Redúcense drasticamente as reservas pola pandemia e as restricións

O xefe de cociña do balneario de Laias, Pablo Fernández, preparando ensalada de lumbrigante
G24.gal 31/12/2021 14:03

Os balnearios son unha opción que colle forza para a celebración da Noitevella, combinando festa e relaxación. Pero este ano, entre a sexta onda e as restricións, as reservas diminuíron con respecto a anos anteriores.

É o caso do balneario de Laias, que viña sendo antes da pandemia un dos referentes desas noitevellas termais, e que este ano ten a cuarta parte dos clientes que tiña antes da pandemia. Ten, incluso, a metade que o ano pasado, o primeiro afectado polo virus. 

O menú desta noite inclúe cinco aperitivos, marisco, rodaballo e solombo de porco ibérico, ademais de postres e bebidas. Todo un festín para só corenta comensais e limitado polas restricións da pandemia.

"Hai que ir para a cama ás tres da madrugada, pero segue habendo un menú especial, superatractivo, con música... un par de copas e con tranquilidade", explica Fernando Suárez, director da área hoteleira de Caldaria.

Tranquilidade é, precisamente, o que buscan este ano os seus clientes: fundamentalmente familias e parellas, pero tamén algún grupo de amigos, galegos e de fóra.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar