Publicador de contidos
Publicador de contidos

Derrota dolorosa do Obradoiro na prórroga diante do Betis

Derrota dolorosa do Obradoiro na prórroga diante do Betis

Scrubb tivo a bola para gañar o partido con empate a 82

O Betis, en descenso, ponse a unha soa vitoria dos santiagueses logo de gañar por 86-93

G24.gal 16/02/2022 22:32

O Obradoiro sufriu unha derrota moi dolorosa na prórroga diante dun rival directo pola permanencia como o Betis, que se pon con seis vitorias a unha do conxunto galego. Scrubb tivo a bola para gañar o encontro con empate a 82 pero non puido resolver o partido. Na prórroga decidiron os visitantes cun parcial de saída de 0-7. 

Tivo un bo inicio o Obradoiro pero o Betis, cun parcial de 0-9 colleu o mando no primeiro cuarto (16-24). Chegou a ter dez puntos de vantaxe (22-32) pero conseguiu recuperarse o cadro santiagués ata o 36-40 do descanso. 

O terceiro cuarto volveu comezar torcido, co Betis liderado por Shannon Evans marchando de doce puntos (40-52). Un parcial de 9-0 volveu meter ao Obradoiro no partido e acabou o cuarto empatado grazas a unha tripla de Robertson sobre a bucina (60-60). 

O último cuarto parecía decantar o encontro para o Obra. Tres triplas consecutivas de Scrubb, Vicedo e Robertson poñían o 71-63. O Betis, contra as cordas, foi remando e grazas aos tiros libres achegouse no marcador (76-74). Os últimos minutos foron dramáticos, cheos de alternativas e que levaron o partido á prórroga (82-82). 

Todo mudou nese tempo suplementario. O Betis meteu un parcial de 0-7 en 90 segundos que acabou coa resistenia do Obradoiro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos