Derrotas do Cisne e do Cangas, que se manteñen na zona vermella da clasificación
Derrotas do Cisne e do Cangas, que se manteñen na zona vermella da clasificación
Os do Morrazo perderon na pista do poderoso Logroño (34-28)
O Cisne pelexou ata o final pero o Ángel Ximénez levou os puntos de Pontevedra (27-30)
Mala xornada para os equipos galegos da Asobal, que perderon e continúan na zona de máximo perigo da clasificación.
Pecha a mesma o Cisne que caeu na casa diante do Ángel Ximénez por 27-30. Foi un partido moi igualado no primeiro tempo (13-14) e que se decidiu no segundo en que os visitantes conseguiron marchar de cinco goles e souberon rendibilizar esa vantaxe nuns últimos minutos en que o Cisne a piques estivo de remontar.
Tamén aguantou unha parte o Cangas na pista do poderoso Logroño, un dos galos da categoría. O partido entrou igualado no segundo tempo (15-13). Na segunda parte o equipo rioxano abriu unha fenda nos primeiros dez minutos (22-16) que xa non deixaría ata o final do encontro.
Quedan sete xornadas para o final da competición e tanto Cisne como Cangas precisan gañar canto antes para buscar a permanencia na elite do balonmán español.