Derruban o van do viaduto da A-6 en Pedrafita que aínda quedaba en pé
Derruban o van do viaduto da A-6 en Pedrafita que aínda quedaba en pé
O treito situado entre os dous que caeran no mes de xuño foi derrubado minutos despois das 13:00
Pasaban só uns minutos das 13:00 cando finalmente caeu ao chan o van do viaduto do Castro que aínda permanecía en pé entre os dous que se derrubaran no mes de xuño pasado.
Foi finalmente este venres, como tiña previsto o Ministerio de Transporte (Mitma), que os restos da ponte acabaron no fondo do val.
Os traballos de desmontaxe comezaron este mércores e xa se prevía que a operación ía ser delicada e que requiriría de varios días. Desde os responsables de Estradas explicaran que os traballos se desenvolverían "priorizando a máxima seguridade dos operarios", polo que os medios auxiliares necesarios para desmontar o van situábanse fóra dos viadutos con medios mecánicos operados de forma remota.
Unha vez realizada a desmontaxe deste van, o Mitma procederá a desfacer os piares deste e a retirar os restos do tres vans, de acordo cos procedementos vixentes de xestión de residuos. Eses restos serán analizados para continuar coa investigación para determinar as causas que provocaron a caída da ponte.