Desactivadas as alertas por chuvia en Euskadi e Navarra
Desactivadas as alertas por chuvia en Euskadi e Navarra
Mellora o tempo tras o paso da DANA que deixou cifras históricas de chuvias en Navarra
É a praia de Zarautz, na costa de Guipúscoa.
As mareas vivas características deste mes de setembro xunto co temporal de chuvia deixan esta imaxe do mar cubrindo a area e chegando ao paseo marítimo.
Un espectáculo que algúns visitantes non queren perder, e que este serán volverase repetir coa preamar cunha altura da marea de máis de catro metros.
Os servizos meteorolóxicos xa desactivaron as alertas por chuvias fortes no País Vasco e Navarra.
En Euskadi, acumuláronse case 50 litros por metro cadrado en localidades de Guipúscoa e Araba.
Pero onde máis choveu foi en Navarra. A tormenta causou problemas en estradas, desprendementos en fachadas, anegou garaxes e baixos e deixou cifras récord de precipitacións.
En Pamplona recolléronse 145 litros por metro cadrado en 24 horas, un rexistro similar aos 150 litros recollidos en outubro de 1975, que ata agora era a marca histórica.