Publicador de contidos
Publicador de contidos

Desastre na colleita de millo en Taboada a causa do xabaril

Desastre na colleita de millo en Taboada a causa do xabaril

A S.A.T. Seixas perdeu case a metade da colleita

Manuel Arias observa os estragos que o xabaril causou nunha das súas leiras
G24.gal 23/09/2024 13:25

O millo xa madura e os xabarís non dan tregua en busca dun dos seus alimentos preferidos. En Taboada, os porcos bravos estragaron máis dun terzo da colleita nas leiras dunha explotación de vacas de leite. Os gandeiros din que é un problema recorrente que lles causa graves perxuízos económicos.

Manuel observa desconsolado o regueiro de destrución que os xabarís fixeron no seu millo. Era a forraxe para as máis de catrocentas vacas que ten na explotación leiteira. Calcula que perdeu a metade da colleita.

Manuel Arias, socio da S.A.T. Seixas, di que "estes últimos anos había moitos danos pero non a este nivel. Levabamos dous anos un pouquiño máis tranquilos, que este ano volvemos a danos do nivel de hai nove o dez anos, onde moitísimas veces chegamos a perder entre o trinta e o cincuenta por cento da colleita".

Se xa é malo que o porco bravo desfaga o millo, moito máis devastador é se cabe agora que están ensilando.  "Se só viñese comer non sería ningún problema. O que pasa é que as porcas de cría o que fan é tirar canas abaixo para que as crías poidan comer e ao final tes un estrago tremendo no que ao mellor o 95 por cento das plantas no chan e o cinco por cento das espigas mordidas".

É un problema que vén de vello e para o que non atopan solución. "Xa probamos distintos tipos de peches, 25 pastores eléctricos, petardeiras..., pero este animal ten unha gran capacidade de adaptación e vai superando as trabas".

Pide a implicación e colaboración dos tecores no control da especie.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade