Publicador de contidos
Publicador de contidos

Descobren pinturas románicas tras o retablo da igrexa de Campo Lameiro

Descobren pinturas románicas tras o retablo da igrexa de Campo Lameiro

Empezaron a verse ao caer varias pezas do retablo de madeira deterioradas pola humidade

Especialistas en patrimonio xa fixeron as primeiras catas para o seu estudo 

Poderían ser da mesma época da ábside románica construída hai oito séculos 

G24.gal 11/04/2023 14:17

Antes do retablo, a ornamentación da ábsida da igrexa de Campo Lameiro deberon ser figuras pintadas directamente na parede, como se adoitaba facer en todas as igrexas románicas.

Os estragos da humidade e o paso do tempo na madeira do retablo están abrindo ventás cara a esa decoración previa que podería datar de hai uns 800 anos nas partes máis antigas. 

A simple observación do que se pode ver polas rachaduras do retablo parece confirmar a existencia desas pinturas románicas, en gran medida tapadas por capas de cal.

Pero o determinante será o que revele o resultado das primeiras catas, que segundo o párroco de Campo Lameiro, Fermín Santiago, xa foron realizadas por técnicos especializados no estudo do patrimonio histórico. 

A igrexa de Campo Lameiro foi ampliada en distintas épocas, pero conserva a ábsida románica orixinaria onde hai restos dunha inscrición que parece indicar que foi construída no ano 1201.

Así que podería ser que debaixo do retablo se conserven pinturas desa época, acordes co estilo arquitectónico que se fai aínda ben patente tanto no exterior coma no interior da ábsida. 

As pinturas poderían ter ata oito séculos de antigüidade, igual que a ábsida da igrexa As pinturas poderían ter ata oito séculos de antigüidade, igual que a ábsida da igrexa
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade