Buscan o propietario duns cartos atopados por unha veciña en Campo Lameiro
Buscan o propietario duns cartos atopados por unha veciña en Campo Lameiro
O Concello agradeceu publicamente o comportamento exemplar da veciña ao querer devolver o diñeiro
Unha veciña de Campo Lameiro deixou no concello unha certa cantidade de cartos que atopou na rúa. Estaban nas inmediacións da sucursal dun banco, xunto a un paso de peóns.
O concello avisou este venres a través de Facebook de que levaran alí os cartos que alguén perdera. Todos pensan que alguén sacou diñeiro e o perdeu, e salientan o bo facer da veciña que o levou aí.
Dende o concello non quixeron dar máis información para evitar reclamacións falsas. Só din que non era moito diñeiro, e que a veciña que o devolveu pensou que, malia que era pouco, mesmo podía representar unha fortuna para quen o perdera. Para moitos é unha acción sorprendente.
De momento ninguén reclamou o diñeiro no concello, que xa felicitou a agradeceu publicamente o comportamento cívico dunha veciña exemplar.