Publicador de contidos
Publicador de contidos

Descobren unha singular peza castrexa nunha capela de Esgos

Descobren unha singular peza castrexa nunha capela de Esgos

Trátase dunha obra artística da Idade do Ferro que os veciños de Folgoso empregaban como pía de auga bendita

Unha investigadora da zona acaba de publicar un traballo sobre este extraordinario achado

G24.gal 13/02/2023 20:45 Última actualización 13/02/2023 21:09

As postas e trisqueis que decoran a pía puxeron sobre a pista a Eva González, veciña da zona, titulada en Historia e Arqueoloxía. "Eu xa sabía que estaba aquí desde había tempo, pero empezoume a interesar, sobre todo, cando fixen a carreira".

A peza conserva pigmentos orixinais. Os máis rechamantes, azul e branco, son contemporáneos, pero quedan trazos ocres que poderían ser orixinais, da Idade do Ferro. Tres mil anos de antigüidade e un excepcional achado para o variado catálogo da cultura castrexa en Galicia.

"É unha peza única polo conxunto das súas características, porque conserva a morfoloxía, porque conserva a pigmentación e porque está gravada polas catro caras, que é algo moi inusual", destaca a investigadora.

Quedan moitos cabos soltos, pendentes de investigar, pero Eva lanza algunhas hipóteses no seu traballo. A primeira sobre a procedencia da pía: "Os montes de arredor utilizáronse ata non hai moito tempo como canteira, para sacar pedra, e seguramente neses montes haxa algún castro ou asentamento".

Tamén se pregunta por que acabou na capela de San Pedro: "O que propoño eu no traballo é que se usase nalgún momento como pé de altar, onde se colocaban reliquias do santo para consagrar o templo".

Chegara como chegara, o que ten claro é que aquí, custodiada polos fregueses de Folgoso, está agora o seu lugar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade