Publicador de contidos
Publicador de contidos

As casetas do polbo e os carruseis adiantan as festas do San Froilán

As casetas do polbo e os carruseis adiantan as festas do San Froilán

As patronais lucenses comezan oficialmente o vindeiro venres, a véspera do día do patrón

G24.gal 29/09/2024 20:09 Última actualización 29/09/2024 20:50

O San Froilán este ano adiantouse. Os carruseis e as casetas do polbo xa están abertos desde este sábado, a pesar de que o programa oficial das festas comeza o próximo día 4, a véspera do día do patrón. É unha forma de alongar os festexos.

Sen as aglomeracións habituais das festas de San Froilán, xa se pode gozar do ambiente festivo en Lugo. As barracas, as tómbolas e as casetas do polbo abriron as súas portas para aproveitar unha fin de semana máis de festa.

Oficialmente as festas comezan o vindeiro venres. O día do patrón cae en sábado, a véspera do domingo das mozas. Están programadas máis de 200 actividades, pero agora toca estrear os carruseis.

Ao longo da semana acabarán de instalarse todos os postos. Se lle preocupan os prezos, mantéñense na liña dos do ano pasado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar