Cargando resultados...
Xa se pode pedir cita previa para facer a declaración da renda
Xa se pode pedir cita previa para facer a declaración da renda
Poderá facerse a través do portal da Renda 2021 e nos teléfonos 91 553 00 71 ou 901 223 344
G24.gal
26/05/2022 12:41
Desde este xoves xa se pode pedir cita previa para facer a declaración da renda nas oficinas da Axencia Tributaria.
Para solicitala hai que entrar no portal da Renda 2021, no apartado de cita previa, ou ben pedila de xeito telefónico nos números 91 553 00 71 ou 901 223 344.
As citas fixaranse a partir do próximo 1 de xuño e prolongaranse ata o 30 do mesmo mes, último día para ser atendido de xeito presencial.