Publicador de contidos
Publicador de contidos

Novidades na campaña da renda: mercar un coche eléctrico tamén desgrava

Novidades na campaña da renda: mercar un coche eléctrico tamén desgrava

Amplíase o prazo para as deducións fiscais por melloras de eficiencia enerxética nas vivendas 

A Axencia Tributaria porá en marcha a partir de maio un plan de asistencia para maiores de 65 anos en pequenos municipios

G24.gal 07/04/2024 14:08 Última actualización 07/04/2024 15:16

A campaña da renda comezou o 3 de abril e remata o un de xullo. Para non pagar de máis, antes de presentar a declaración hai que ter en conta unha serie de novidades nos incentivos fiscais e que as deducións autonómicas non aparecen recollidas no borrador.

"Pódese desgravar o vehículo eléctrico, isto é unha gran novidade. Amplíase o prazo para desgravar por melloras nas vivendas de eficiencia enerxética, tamén se amplía o límite para os autónomos para reducir por plan de pensións e tamén en Galicia as familias numerosas. Son 360 euros polo primeiro fillo, 1.200 euros polo segundo, 2.400 polo terceiro. Se ademais tes dous fillos son 250 euros máis, se por riba es familia numerosa son 250 euros máis", di Javier Varela, economista experto en fiscalidade.

Pero as deducións non rematan aí.

"O alugueiro de vivenda, poñer Internet na casa... ou por exemplo rehabilitar un inmoble nun centro histórico dunha vila ou dunha cidade, ata 9.000 euros de dedución. Investir en empresas normais, ata 6.000 euros, pero, por exemplo, nunha empresa do agro, do rural, falamos de ata 20.000 euros de dedución", destacou.

Para quen precise axuda pode facer a declaración por teléfono a partir do 7 de maio e presencialmente nas oficinas de Facenda a partir do 3 de xuño. Sempre con cita previa. 

Ademais, a Axencia Tributaria porá en marcha a partir de maio un plan especial de asistencia para maiores de 65 anos en pequenos municipios.

"Esa é unha das principais novidades deste ano, contribuíntes maiores de 65 anos que residan en concellos de menos de 3.000 habitantes teñen a posibilidade de achegarse ao concello, facer a declaración alí, cunha videoasistencia por parte da Axencia Tributaria", engadiu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade