Publicador de contidos
Publicador de contidos

As persoas que cobren o paro estarán obrigadas a presentar a declaración da renda dende 2025

As persoas que cobren o paro estarán obrigadas a presentar a declaración da renda dende 2025

En caso de incumprimento, o beneficiario do paro podería ver suspendido o pago da prestación, segundo consta no decreto lei polo que se reformou o subsidio asistencial de desemprego o pasado mes de maio

Esta obrigación é similar á establecida para os perceptores do ingreso mínimo vital (IMV), que teñen que presentar a declaración da renda

Declaración da renda (Europapress Arquivo) Declaración da renda (Europapress Arquivo)
G24.gal 15/10/2024 13:21

As persoas que cobren a prestación por desemprego terán que presentar cada ano desde 2025 a declaración do IRPF, independentemente de que non se alcance o limiar de renda que obriga a facer a declaración (22.000 euros cun só pagador).

En caso de incumprimento, o beneficiario do paro podería ver suspendido o pago da prestación, segundo consta no decreto lei polo que se reformou o subsidio asistencial de desemprego o pasado mes de maio e que establece o 1 de novembro como data de entrada en vigor desta nova obrigación.

Conforme á lei, a suspensión terá lugar "cando a entidade xestora detecte que as persoas beneficiarias de prestacións incumprisen durante un exercicio fiscal a obrigación de presentar a declaración do IRPF nas condicións e prazos previstos na normativa tributaria aplicable".

Esta obrigación é similar á establecida para os perceptores do ingreso mínimo vital (IMV), que teñen que presentar a declaración da renda. A diferenza estriba en que o IMV é unha renda exenta de IRPF, mentres que a prestación por desemprego non está exenta e aplícaselle retención.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade