Os clientes do comercio galego comezan a beneficiarse dos descontos do Bono Activa Comecio
Os clientes do comercio galego comezan a beneficiarse dos descontos do Bono Activa Comecio
Máis de 4.500 establecementos en toda Galicia sumáronse a esta iniciativa
O obxectivo é atraer a clientela ao comercio de proximidade
É o primeiro día e os clientes do comercio galego de proximidade que descargaron a aplicación na páxina web xa comezaron a beneficiarse dos descontos.
As compras iguais ou superiores a 20 euros e inferiores a 30 euros correspóndelle un desconto de 5 euros. A rebaixa será de 10 para as compras iguais ou superiores a 30 euros e inferiores a 50 euros. A partir desta cantidade, o desconto chega a 15 euros.
Máis de 4.500 establecementos en toda Galicia sumáronse a esta iniciativa.
Canto máis se tarde en comprar, máis risco de quedar sen o desconto, xa que cando se consuman os dous millóns e medio de euros que a Xunta destinou a esta iniciativa xa non poderán utilizarse os bonos descargados.
O obxectivo é atraer a clientela ao comercio local, e tamén axudar a reducir o impacto da inflación das familias. Nesta campaña prevese mobilizar oito millóns e medio de euros en vendas.
Máis información en bonosactivacomercio.gal