Publicador de contidos
Publicador de contidos

Desfile de Folións en Trives para revivir a tradición do Entroido

Desfile de Folións en Trives para revivir a tradición do Entroido

Boteiros, Mázcaras ou Charrelos acompañaron o tocar de bombos e aixadas polas rúas da vila

Participaron 13 folións, que amosaron a tradición do Entroido no oriente ourensán

G24.gal 04/02/2024 21:08 Última actualización 04/02/2024 22:02

É o son telúrico dun Entroido gravado a sangue na pel dos bombos.

"É un momento de sacar todas as enerxías e de sacar todo cara a diante e darlle sen dó, ata romper a pel".

"Sae de dentro do corazón, das entrañas, e para nós é algo marabilloso".

Unha forza que se herda e se coida dende ben pequeno.

"Involucrando os cativos que veñen detrás, acompañando os maiores, é espectacular".

"Somos dunha aldea de Trives e, dependendo da aldea, son uns toques ou outros".

Son os Boteiros que acompañan os Folións desta zona.

"Para que se vexa todo o que é capaz de facer".

Diante dos de Manzaneda, as Mázcaras coas súas hipnóticas danzas. E tras delas, os Charrelos da Veiga.

"A función é ir abrindo oco para o paso do Folión".

Hoxe danse cita todos en Trives, diferentes personaxes, diferentes tradicións, pero un mesmo latexo, o do folión, que mantén vivo o Entroido do oriente ourensán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar