Publicador de contidos
Publicador de contidos

Despedida por todo o alto do festival O Son do Camiño en Santiago

Despedida por todo o alto do festival O Son do Camiño en Santiago

Protagonismo das mulleres e marcado acento arxentino na última xornada

Jason Derulo, Dani Martín e Rigoberta Bandini caldearon o ambiente no recinto, na edición máis masiva do Son do Camiño

G24.gal 19/06/2022 09:12

Terceira xornada e clasusura do Son do Camiño na madrugada do domingo. O festival despediuse cunha vintena de actuacións nos seus tres escenarios e con todo vendido coma os días anteriores.

Os artistas máis aplaudidos foron os de orixe arxentina e houbo máis presenza feminina que nas xornadas previas. As horas de maior asistencia reserváronse para Jason Derulo e Tiësto sobre o escenario principal, pero tanta ou máis expectación espertaron os concertos de Khea, la Maravillosa Orquesta del Alcohol, Rigoberta Bandini ou Nicki Nicole.

Triángulo de Amor Bizarro puxo a nota indie á xornadaOs ritmos urbanos de dous arxentinos, Khea e Nicki Nicole triunfaron no Monte do Gozo.

Rigoberta Bandini despregou un espectáculo sensacional, iniciado con In Spain we call it soledad e no que o seu equipo de bailaríns fixo saltar e cantar a milleiros de persoas co seu electropop. Non faltaron Perra ou a eurovisiva Ay mamá. Cun público totalmente entregado a con ela dominando a escena e a teatralidade se despediu Bandini baixo a música de Franco Battiato e o seu Voglio vederti danzare.

Pasadas as nove da noite do sábado chegou a actuación de Dani Martín, un dos máis agardados polos que seguen a súa traxectoria desde que enchía estadios con El canto del Loco. Himnos nostálxicos e temas maduros axudaron a combater a baixada das temperaturas no Monte do Gozo

O momento máis álxido do festival chegou coa aparición de Jason Derulo, coa súa batería de éxito interacionais e os seus pasos de baile, arroupado por bailaríns e refachos de lume. Whatcha Say  deu paso aos temas máis recoñecidos.

Os que estaban no recinto do Gozo sucumbiron á fórmula Derulo, vitoreada ata case a unha da madrugada.

Era só o comezo da traca final do Son do Camiño que contaría cunha das divas do momento Nathy Peluso e Tiësto para levar o festival ata o seu final nas primeiras horas do domingo.

 Unhas 40.000 persoas por xornada déronse cita nesta fin de Semana no Monte do Gozo e á espera que que a organización publique os datos definitivos, confírmase como a edición máis masiva do Son do Camiño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade