Publicador de contidos
Publicador de contidos

Destituída a presidenta de RTVE, Elena Sánchez

Destituída a presidenta de RTVE, Elena Sánchez

 O Consello de Administración de RTVE retiroulle este martes a confianza

G24.gal 26/03/2024 15:56

O Consello de Administración de RTVE retirou este martes a confianza como presidenta interina da Corporación a Elena Sánchez.

Durante o Consello de Administración tamén foi cesado previamente, a proposta de Elena Sánchez, o director de Contidos da Corporación, José Pablo López, co que a presidenta interina  mantivera algunhas desavinzas recentemente.

O cesamento de López, segundo as fontes consultadas, foi acordado cos votos da propia Elena Sánchez, co dos tres conselleiros do PP e un dos conselleiros de Unidas Podemos.

Mentres, votaron en contra dous conselleiros propostos polo PSOE, o correspondente ao PNV e outro de Unidas Podemos.

A última desavinza entre Elena Sánchez e parte da Dirección herdada do anterior presidente, José Manuel Pérez Tornero, foi a contratación do comunicador David Broncano, que estaba previsto volver debaterse este martes.

O pasado día 11 o Consello non aceptou contratar o formato de La Resistencia, por tres anos e 14 millóns anuais, e emprazou a Dirección de Contidos a presentar outra proposta cunha duración dun ano.

Este martes estaba previsto que chegase ao Consello unha proposta para contratala por dous anos, aínda que o contrato poderíase cancelar ao termo do primeiro ano se non alcanzaba o 7,5 % de audiencia, segundo adiantaron outras fontes do Consello. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar