Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detectan billetes falsos de 50 euros en Santiago

Detectan billetes falsos de 50 euros en Santiago

A Policía Nacional detivo unha persoa

G24.gal 12/02/2024 16:24

A Policía Nacional detivo unha persoa en Santiago por pagar con billetes falsos de 50 euros en locais de hostalería da cidade. Foron os propietarios dos establecementos quen deron a voz de alarma a través dos grupos de WhatsApp.

O colectivo de taxistas presentou máis dunha ducia de denuncias ao atopar varios billetes falsos en circulación. Fontes da Policía Nacional confirmaron que se trata de falsificacións bastante logradas, polo que é fácil ser vítima deste calote se non se inspecciona o billete con atención. 

"Veu unha muller pedindo cambio para tabaco, había bastante xente, collinlle un billete de 50 e deume un mal tacto. En aspecto parecía un billete bo e fíxome dubidar bastante, pero cando comprobas as distintas partes que lles poñen de seguridade aos billetes xa me dei de conta de que non as tiña todas, entón díxenlle, mira eu deste billete non che podo dar cambio, e dime ela, por que?, porque é falso. Colleu marchou, non dixo nada. Sabía perfectamente que era falso porque outra persoa quedaría sorprendida e non a sorprendeu nada", relata Diego Sande, hostaleiro de Santiago.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade