Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detencións en Barcelona e Mérida nunha operación contra o terrorismo xihadista

Detencións en Barcelona e Mérida nunha operación contra o terrorismo xihadista

Todos son persoas moi relacionados co tráfico de armas ou co narcotráfico

G24.gal 16/01/2024 16:11

A loita contra o terrorismo xihadista centra unha operación da Garda Civil e os Mossos d'Esquadra en varias localidades da provincia de Barcelona e en Mérida.

Ata o momento está confirmada a detención de dúas persoas, aínda que a policía tiña en previsión cinco arrestos.

Todos son persoas moi relacionados coa delincuencia organizada en asuntos como o tráfico de armas ou o narcotráfico e nos últimos meses presentaban indicios de radicalización.

Porén, os investigadores descartan que estivesen a preparar ningunha acción terrorista.

Unha desas detencións é a dun preso no cárcere barcelonés de Brians.

Os axentes están a practicar diversos rexistros, incluídos varios en vivendas de Rubí, Sant Pere de Ribes e Martorell, na provincia de Barcelona, así como en Mérida.

A investigación está dirixida polo xuíz da Audiencia Nacional Joaquín Gadea, ante quen está previsto que comparezan entre o xoves e o venres.

A operación está baixo segredo de sumario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade