Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen en Moaña un fuxitivo buscado no Perú por agredir sexualmente a súa filla

Deteñen en Moaña un fuxitivo buscado no Perú por agredir sexualmente a súa filla

As autoridades peruanas piden para el unha condena de cadea perpetúa pola agresión sexual continuada da menor cando tiña entre oito e doce anos

EFE 08/04/2024 12:58

A Policía Nacional detivo un home en Moaña buscado no Perú por agredir sexualmente a súa filla durante catro anos.

Ao arrestado atribúeselle a autoría dun delito de agresión sexual de forma continuada, concretamente cando a nena tivo entre oito e doce anos, motivo polo que as autoridades peruanas solicitan para el unha pena de cadea perpetua.

A investigación policial en España sobre esta persoa comezou o pasado mes de marzo, cando os axentes souberon da localización en Galicia dun fuxitivo que estaba a ser buscado polas autoridades xudiciais do Perú.

O home estaba a residir en Moaña xunto a dous dos seus fillos, segundo confirmaron e Efe fontes policiais.

Ante a extrema gravidade do caso e a apremante necesidade da súa detención, dado o perigo para a integridade física dos fillos que convivían con el, a Policía Nacional asignou a máxima prioridade á súa busca.

Os axentes, de forma inmediata, estableceron un dispositivo de vixilancia exhaustivo nos arredores do seu domicilio, que permitiu a súa localización e detención.

Os feitos que motivaron a súa detención sucederon no Perú, país en que o detido cometeu as agresións sexuais.

O presunto agresor aproveitaba cando a nai da menor levaba ao seu outro fillo, enfermo de cancro, ao hospital para dirixirse á habitación da menor e agredila sexualmente.

Ademais, segundo consta na denuncia, aproveitaba outro tipo de circunstancias para consumar os feitos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade