Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen un mozo de 21 anos en Poio por maltratar os avós

Deteñen un mozo de 21 anos en Poio por maltratar os avós

Os axentes apreciaron indicios de que o maltrato era habitual e detiveron inmediatamente o neto por un delito de violencia no ámbito familiar

G24.gal 18/01/2022 15:03

O detido é un mozo veciño de Poio, de 21 anos, que ao parecer xa contaba cunha orde de afastamento dos seus avós.

Supostamente saltou a prohibición o sábado pasado. A Policía Local recibiu a alerta a través dunha chamada ao 112 e desprazouse ata o domicilio, onde comprobaron que os avós presentaban diversas lesións. Ademais, os axentes apreciaron indicios de que o maltrato era habitual e detiveron inmediatamente o neto por un delito de violencia no ámbito familiar.

Este luns, o mozo quedou a disposición do Xulgado de Instrución número 3 de Pontevedra, que o deixou en liberdade en calidade de investigado.

A Policía Local ten constancia da existencia, cando menos, de cinco antecedentes por feitos similares. O acusado, de feito, xa estivera arrestado con anterioridade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade