Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido un veciño de Lugo acusado de agredir a súa parella

Detido un veciño de Lugo acusado de agredir a súa parella

Logo de fuxir da vivenda e de ser atopada por axentes da Policía Local, a vítima da suposta agresión relatou que o home a agarrou polo pescozo e que a empurrou ata bater contra o marco dunha porta

G24.gal 13/12/2023 10:09

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron un veciño da cidade, de 29 anos, como suposto autor dun delito de violencia de xénero, tras unha presunta agresión á súa parella.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na tarde deste martes, cando do 092 recibiu varias chamadas alertando de que se estaba producindo unha forte discusión de parella nunha vivenda da rúa Montirón.

Ao chegar ao lugar, os axentes foron recibidos por varios veciños do edificio, que explicaron que se producira "un grande escándalo" nunha das vivendas. Ao chamar á porta un home abriulles, para confirmar que tivera unha discusión coa súa parella e que ela abandonara o domicilio.

Outra patrulla localizou a muller, que se atopaba en estado de gran nerviosismo e que explicou que discutira coa súa parella e que, nun momento dado, o home a empuxara e golpeouse contra o marco da porta. Así mesmo, relatou que a agarrara do pescozo e que, finalmente, logrou zafarse e fuxir.

Os axentes observaron que a muller presentaba lesións leves, aínda que declinou recibir asistencia sanitaria. Con todo, os funcionarios procederon á detención do home, como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade