Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detida unha veciña de Viveiro por actuar como "mula bancaria"

Detida unha veciña de Viveiro por actuar como "mula bancaria"

A muller facía transferencias desde a súa conta bancaria para branquear cartos de organizacións delituosas a cambio de comisións

G24.gal 17/02/2025 11:13

A Policía Nacional de Viveiro, en colaboración coa Comisaría do Aeroporto de Madrid-Baraxas, detivo unha veciña de Viveiro (Lugo) como presunta autora dun delito de branqueo de capitais procedente de diferentes estafas denunciadas noutras localidades de España.

Segundo a Policía, a muller realizaba transferencias desde a súa conta bancaria, "de forma reiterada e por diferentes importes", converténdose deste xeito nunha "mula bancaria".

"Son persoas que, conscientemente ou, nalgúns casos, sen sabelo, axudan as organizacións delituosas a branquear os seus beneficios procedentes da comisión de ilícitos penais. Fano, como neste caso, facilitando as súas contas para recibir e transferir fondos fraudulentos, de maneira que estes se branquea", explicou a Policía.

As forzas de seguridade localizárona nun voo procedente do estranxeiro e puxérona a disposición xudicial como "cooperadora necesaria" na comisión do delito.

A captación das "mulas bancarias"

A Policía destaca que os delincuentes captan a estas persoas de varias maneiras. Nalgúns casos atráenas coa promesa de gañar diñeiro ou entregándolles unha comisión por prestar este servizo, pero noutros se basean nunha "relación de confianza" ou recorren directamente a un engano a través de Internet.

"En gran parte destas ocasións, os delincuentes ofrecen en redes sociais falsas promesas de traballo. O traballo en si consistirá unicamente en recibir ou transferir diñeiro dunhas contas a outras, utilizando a propia para iso, e recibindo por isto unha comisión", advertiu.

Deste xeito, instou a desconfiar de ofertas de traballo que se reciben por redes ou chamadas sen realizar antes unha procura activa de emprego, así como de ofertas de traballo en que non se necesita ningún tipo de preparación ou currículo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade