Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscan unha parella que pode estar detrás de varios 'simpas' en Pontevedra

Buscan unha parella que pode estar detrás de varios 'simpas' en Pontevedra

Actúan con descaro e non descartan que sexan os mesmos que deixaron pedidos a domicilio sen pagar

Os hostaleiros animan a denunciar aínda que a cuantía económica sexa pequena

G24.gal 24/02/2025 14:33

Ás veces vense vir.

"Son xente de bo dente. Nós puxémolles o apelido de simpático. Ai que simpáticos os desta mesa para que todos estean sobre aviso e estean pendente desa mesa. Buscan locais onde se traballa moito e sentan en mesas afastadas", advirte Francesco Iannelli, xerente de Il Picolo.

Pero outras non tanto. Nun local de Marín, levan tres 'simpas' no último mes. Un deles comeu e bebeu a fartar.

"Pediu bocadillos, repetiu, comeu tres bocatas, repetiu café e bebidas. Pediulle á compañeira que lle servira unha ronda máis de café e de chopos que ía fumar e cando a compañeira se decatou de que non viña, saíu fóra e xa non estaba", conta Erika Noguera, rexente da Bocatería Deportivo.

Case igual que a parella que ten en vilo aos hostaleiros de Pontevedra. Piden primeiro, segundo e "sobremesas" (en plural) e marchan. Levan xa varios simpas, con absoluto descaro. Tanto que non descartan que sexan os mesmos que non pagaron varios pedidos a domicilio.

"Entregas, pechan a porta completamente no nariz, que tes que ter coidado porque se te collen unha man ou un pé, pártencha e aí podes chamar a quen queiras que non abren. Tampouco nós nos podemos poñer en evidencia a berrar na porta", explica o xerente de Il Picolo, un dos afectados.

Están identificados, pero que!

"Eles saben ben as leis e saben o que fan porque nun restaurante chegan, comen ata ese límite onde saben que non lles pasa nada e marchan", lamenta Rafael Rúa, presidente da asociación de hostaleiros Hoempo.

"Non se pode calar. Hai que denunciar sempre porque son pequenas denuncias, son pequenas faltas que se van acumulando", anima Francesco Iannelli.

Para burlas e abusos, súmase a dos billetes falsos. Valla como aviso. 

"Metéronme billetes de vinte e de dez falsos e en Marín nun grupo no que estou de hostalaría falaron de billetes de cen euros falsos", explica o presidente dos hostaleiros.

Séntense impotentes porque son cantidades que, a efectos legais, apenas teñen percorrido xudicial, pero animan a denunciar nun caso e no outro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade