Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido en Marrocos un dos cinco presos perigosos fuxidos en Portugal

Detido en Marrocos un dos cinco presos perigosos fuxidos en Portugal

Trátase de Fábio Loureiro, un dos cinco reclusos que fuxira da prisión lusa de Vale dos Judeus hai agora un mes

Foi arrestado o domigo pola noite en Tánxer 

G24.gal 07/10/2024 13:11

As autoridades marroquís detiveron este domingo pola noite a Fábio Loureiro, coñecido como Fábio 'Cigano', un dos cinco presos fuxidos do cárcere de Vale dos Judeus o pasado mes de setembro.

A detención de Fábio Loureiro produciuse no marco dunha operación policial internacional. Segundo un comunicado da Polícia Judiciária, «a partir de informacións cribles da PJ de que Fábio Loureiro atopábase en Marrocos», púxose en marcha a Operación Retorno "en menos de 24 horas".

Agora, Fábio 'Cigano' será presentado ás autoridades xudiciais marroquís "con vistas á súa extradición a Portugal para o cumprimento da pena". O Ministro de Xustiza deu as grazas a «todos os equipos implicados» nesta operación na que participaron a Policía Judiciària lusa, o Corpo Nacional de Policía Español (CNP) e as autoridades marroquís.

Un preso perigoso condenado por secuestro e tráfico de drogas

Coñecido como Fábio 'Cigano', no momento da súa fuga de Vale dos Judeus o preso fora condenado a 25 anos de prisión, a pena máxima en Portugal, polos delitos de secuestro, tráfico de drogas, asociación para delinquir, roubo a man armada e evasión.

Tras a fuga, emitíronse ordes internacionais de detención para capturar os cinco reclusos que fuxiron da prisión de Vale dos Judeus hai exactamente un mes, case todos eles con antecedentes penais violentos.

A ministra de xustiza, Rita Alarcão emitiu un comunicado no que agradece o traballo de "todos os equipos implicados" no que pon en valor o "traballo ininterrompido de investigación e recompilación de información" realizado polos profesionais da Polícia Judiciária.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade