Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido en Vigo por maltratar a nai e ameazar a policía cun bate de madeira

Detido en Vigo por maltratar a nai e ameazar a policía cun bate de madeira

G24.gal 21/07/2022 18:29

A Policía Local de Vigo detivo un home de 31 anos investigado por maltratar a súa nai de maneira continuada e de ameazar cun bate de madeira os axentes que acudiron ao domicilio.

A intervención policial produciuse esta pasada madrugada na rúa Brea, despois de que a vítima chamara ao teléfono de emerxencias do 112 para denunciar o seu fillo, comunicación que se cortou de maneira abrupta.

Ao chegar, a muller advertiu os axentes de que o seu fillo estaba moi agresivo e alterado e que, no transcurso dunha discusión, a ameazara cun coitelo.

Cando o mozo descubriu os policías na súa casa, comezou a insultalos e tentou pechar a porta, arrastrando a súa nai cara ao interior do domicilio.

Levaba un bate de madeira nunha das súas mans e exhibíao cara aos axentes, mentres os ameazaba con golpealos con el.

Cando lograron apartar a nai do fillo, esta referiu que levaba unha tempada sufrindo ameazas e condutas agresivas por parte do mozo, polo que procederon á súa detención por un delito de malos tratos no ámbito familiar.

O detido opúxose activamente ao seu arresto, polo que os axentes da Policía Local víronse obrigados a reducilo e poñerlle os grillóns á forza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar