Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido o presunto autor da filtración do Pentágono

Detido o presunto autor da filtración do Pentágono

O detido polo FBI é Jack Teixeira, soldado de 21 anos, neto de portugueses

Prevese que compareza hoxe ante a xustiza

G24.gal 14/04/2023 07:48

O FBI detivo un sospeitoso presunto autor da última filtración de documentos do Pentágono. É Jack Teixeira, un técnico informático de 21 anos, soldado da Garda Nacional Aérea, que parece ser que leva tempo colgando información clasificada en Internet, disque para impresionar os amigos.

Arrestárono en Massachusetts, e de principio aplicaranlle a Lei de Espionaxe. Prevese que compareza hoxe ante un tribunal de Boston. O detido é de ascendencia portuguesa, o seu avó é dos Azores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade