Detido tras tirar unha muller ás vías do metro de Nova York
Detido tras tirar unha muller ás vías do metro de Nova York
A vítima, de 52 anos, puido ser rescatada polos viandantes e recupérase nun hospital
É o último dunha serie de incidentes violentos na rede de transporte
A policía de Nova York detivo un home acusado de lanzar a unha muller ás vías do metro, sen provocación aparente. O último dunha serie de incidentes violentos na rede de transporte.
Continúan os casos de violencia no metro neoiorquino. Hai uns días, un home empuxou a unha muller ás vías de metro, de boas de primeiras. A vítima, de cincuenta e dous anos, puido ser rescatada polos viandantes e recupérase nun hospital.
A policía publicou o vídeo da agresión, e finalmente arrestou ao sospeitoso. Un home chamado Theodor Ellis. O grave é que este tipo de incidentes son cada vez máis habituais, produto dos problemas socioeconómicos e de saúde mental.
Unha enquisa de Siena College reflicte que un 85 % dos neoiorquinos quere máis vixilancia policial nas vías de metro.