O metro saturado e os buses cheos nunha Barcelona sen trens de proximidade
O metro saturado e os buses cheos nunha Barcelona sen trens de proximidade
Renfe confía en poder restablecer o servizo de trens na liña un este mesmo martes e o resto de percorridos afectados poden tardar dous meses en recuperar a normalidade
Barcelona viviu unha mañá caótica, co metro saturado e buses cheos, despois de que o roubo de 300 metros de cable de cobre deixase sen trens de proximidade a cidade. Renfe confía en poder restablecer o servizo de trens na liña un este mesmo martes e o resto de percorridos afectados poden tardar dous meses en recuperar a normalidade.
Con resignación e protestas, os usuarios dos trens de proximidade cataláns afrontan a primeira xornada de restricións en día laborable provocadas polo roubo de cobre nun dos centros neurálxicos da rede de acceso a Barcelona.
O plan de mobilidade alternativo obriga os pasaxeiros a baixar do tren antes de chegar á capital para coller autobuses que os deixan xunto a estacións de metro ou dos ferrocarrís da Generalitat.
Para absorber parte dos pasaxeiros ampliouse o número de autobuses interurbanos en servizo, o que deixou notar nos accesos por estrada a Barcelona, onde se rexistraron retencións de ata nove quilómetros en hora punta.
Renfe confía en que os trens poidan volver circular este martes pola liña 1 de proximidade.
O resto de liñas afectadas tardarán dous meses en recuperar a normalidade.