Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido un home na Coruña acusado de agresión machista

Detido un home na Coruña acusado de agresión machista

Está previsto que pase a disposición xudicial este mércores

G24.gal 07/06/2022 16:13

A Policía Local da Coruña prendeu a escasos metros do Obelisco un home como presunto autor dunha agresión machista. Aconteceu a noite do luns ao martes e a agresión non foi a máis grazas á rápida intervención de varias persoas que alertaron o 112 e a policía de que un home lle estaba propinando labazadas a unha muller.

A súa presenza fixo parar o agresor e a vítima aproveitou para fuxir correndo e chorando deste lugar dos feitos. Mentres, as testemuñas lograron reter o agresor ata que chegou a policía, que o prendeu e trasladou aos calabozos da Policía Nacional de Lonzas. Está previsto que o arrestado pase a disposición xudicial este mércores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade